domingo, 8 de noviembre de 2009

"CARREIRA POPULAR en Corcubión" - 26/09/2009

O pasado setembro organizouse no concello de Corcubión a VI carreira popular o longo das rúas da citada vila. Houbo distintas carreiras segundo as categorías. O percorrido era o seguinte: a saída realizouse na Praza de Castelao e seguía polas rúas Antonio Porrúa, Médico Vicente Fraguela, Casa da Cultura, Carreira do Conde, Praza Médico Ramón Carrera, Campo do Rollo, As Mercedes, Praza Párroco Francisco Sánchez, San Marcos e finalizou na Praza de Castelao. Para os nen@s o percorrido viuse reducido. Foron moitos os participantes e asistentes o evento, entre eles alumn@s de 4º de primaria da nosa escola. Para a nosa ledicia unha alumn@ da nosa aula resultou premiada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario