sábado, 31 de octubre de 2009

"O SAMAÍN"

O venres celebramos "o samaín" na escola logo de estar traballando nas últimas semanas sobre o evento. Non faltaron as cabazas típicas talladas con caras de medo, nin os disfraces ben orixinais e variados, tampouco esquecemos a maquillaxe, as historias de medo, a proxección dunha película, a representación do baile "Thriller" de Michael Jackson, nin as larpeiradas... O ingrediente principal "o medo" quedou suficientemente latente. Ju ju ju...






No hay comentarios:

Publicar un comentario