sábado, 31 de octubre de 2009

"O SAMAÍN"

O venres celebramos "o samaín" na escola logo de estar traballando nas últimas semanas sobre o evento. Non faltaron as cabazas típicas talladas con caras de medo, nin os disfraces ben orixinais e variados, tampouco esquecemos a maquillaxe, as historias de medo, a proxección dunha película, a representación do baile "Thriller" de Michael Jackson, nin as larpeiradas... O ingrediente principal "o medo" quedou suficientemente latente. Ju ju ju...






viernes, 30 de octubre de 2009

MARIO E OS COGOMELOS

Na fin de semana coincidindo coa festividade de tódolos santos, polo tanto co "samaín" celebrarase en Cee unha exposición sobre os cogomelos, xa que estamos en tempo deles.
Nos tamén quixemos participar por iso estivemos traballando con Mario, un personaxe
de videoxogo. Nas súas historias aparecen distintos tipos de setas e entre elas a amanita
muscaria que é unha seta velenosa. Adaptamos unha das esceas do videoxogo a tamaño
real e o resultado foi este.