sábado, 14 de noviembre de 2009

DIPLOMA DE MELLOR ALUMN@


Hola alumn@s, xa sabedes que estamos traballando cunhas tarxetas que tedes que ir coleccionando, chegou o momento de colocalas nunha especie de álbum. Un diploma de mellor alumn@, aquí tedes o exemplo.

domingo, 8 de noviembre de 2009

VISITA Ó PAILEBOTE "NIEVES" E O MUSEO MARÍTIMO "SENO DE CORCUBIÓN - 23/09/2009

No mes de setembro fixemos unha saída a Corcubión a visitar dous museos. O primeiro tratábase dun museo flotante, un antigo pailebote recuperado e reconvertido en sala de exposicións chamado "Nieves".
Trátase dunha embarcación tradicional con máis de 90 anos de historia e que durante os derradeiros tempos, grazas a unha inversión da Deputación, leva recorrida a costa galega en distintas ocasións levando exposicións co mar como tema a varios portos.
Nesta ocasión, a exposición que viaxa a bordo leva por título "Golfiños na proa". En distintos paneis explicativos, con debuxos e fotografías, poidemos coñecer parte da fauna marítima galega. Tamén proxectaron vídeos con imaxes da costa e dos animais que habitan os fondos mariños. 
Ademáis do contido da exposición, o barco é, en sí mesmo, unha peza de museo que chega hasta hoxe grazas a unha importante restauración. No seu interior consérvanse madeiras nobles e as estancias e estructura tal e como era cando foi botado.

Logo de visitar o "Nieves" estivemos contemplando a beleza do museo marítimo "Seno de Corcubión" que tamén está emplazado en un lugar privilexiado. O edificio tamén é unha peza máis xa que albergou unha salazonera, unha compañía xeral de carbóns, un astillero de embarcacións de madeira, unha fábrica de caldo de pescado, unha fábrica de perfís metálicos... entre outras. Nas instalacións do Museo estivemos visitando todas e cada unha das súas salas: sala de conferencias, sala de motores, de carpintería de ribeira e maquinaria de cuberta, a sala de navegación, a de maquetas, o vestíbulo, a sala de salvamento marítimo e a sala de exposicións temporais (antigamente foi unha sala de gálibos) onde no momento que estivemos visitándoa tiñan unha exposición chamada: "Galicia, camiño celeste" do fotógrafo Xurxo Lobato









"CARREIRA POPULAR en Corcubión" - 26/09/2009

O pasado setembro organizouse no concello de Corcubión a VI carreira popular o longo das rúas da citada vila. Houbo distintas carreiras segundo as categorías. O percorrido era o seguinte: a saída realizouse na Praza de Castelao e seguía polas rúas Antonio Porrúa, Médico Vicente Fraguela, Casa da Cultura, Carreira do Conde, Praza Médico Ramón Carrera, Campo do Rollo, As Mercedes, Praza Párroco Francisco Sánchez, San Marcos e finalizou na Praza de Castelao. Para os nen@s o percorrido viuse reducido. Foron moitos os participantes e asistentes o evento, entre eles alumn@s de 4º de primaria da nosa escola. Para a nosa ledicia unha alumn@ da nosa aula resultou premiada.

sábado, 31 de octubre de 2009

"O SAMAÍN"

O venres celebramos "o samaín" na escola logo de estar traballando nas últimas semanas sobre o evento. Non faltaron as cabazas típicas talladas con caras de medo, nin os disfraces ben orixinais e variados, tampouco esquecemos a maquillaxe, as historias de medo, a proxección dunha película, a representación do baile "Thriller" de Michael Jackson, nin as larpeiradas... O ingrediente principal "o medo" quedou suficientemente latente. Ju ju ju...






viernes, 30 de octubre de 2009

MARIO E OS COGOMELOS

Na fin de semana coincidindo coa festividade de tódolos santos, polo tanto co "samaín" celebrarase en Cee unha exposición sobre os cogomelos, xa que estamos en tempo deles.
Nos tamén quixemos participar por iso estivemos traballando con Mario, un personaxe
de videoxogo. Nas súas historias aparecen distintos tipos de setas e entre elas a amanita
muscaria que é unha seta velenosa. Adaptamos unha das esceas do videoxogo a tamaño
real e o resultado foi este.