domingo, 30 de mayo de 2010

CONCURSO ONCE - SUPERAMOS LAS BARRERAS

Participamos no concurso organizado pola once. Os nosos traballos están recollidos nun mosaico na páxina: www.laonceesportada.com

O CONTO RODADO

Hai moi poucas cousas que desprendan un arrecendo tan especial como un conto ben noviño, sen estrear. Aínda que pensándoo ben, tamén hai moi poucas cousas que cheiren tan ben como un conto rodado. Que é un conto rodado?
Non é nada sinxelo de explicar… Os días comezaban a ser máis longos, e as noites máis curtas. Era neste tempo cando Lola sentábase moi preto do mar. Dáballe por contemplar unha paisaxe tan fermosa que as mesmas palabras non serían quen de reproducir. O miradoiro de Lola estaba nun alto e aínda que a súa aldea non tiña mar ela contaba que dende alí se ollaba Fisterra.
Cando Lola saía do colexio ía correndo á casa do seu avó, gustáballe moito que lle contara historias de mariñeiros mentres tomaba a merenda. Cando remataba ía a súa casa e estaba ata tarde no miradoiro, gustáballe imaxinarse historias. As veces imaxinaba que era mariñeira e que viaxaba no seu barco por todo o mundo. De súpeto, viu achegarse cara ela un barco pirata, pensou que era froito da imaxinación, pero iso era verdade!
Un barco pirata, un barco pirata! berraba. Tiña medo, entrou na casa e avisou aos seus pais, os seus pais non lle creían, dicían que non podía chegar un barco dende o fin da terra, que non era posible e que fora para cama. Lola non sabía que facer…
A pesar de todo, seguía indo ó miradoiro a ver o mar e as olas pero alí non había nin mar nin olas. Desta vez imaxinou que dende o monte máis alto de Cee podía tocar a parte máis saínte da Península Ibérica, o faro de Fisterra. Estaría alí o barco pirata?
Un sábado pola tarde despois de facer os deberes foron ela mailos seus avós, ó alto do miradoiro. Como conseguiron chegar? ninguén o sabe, o caso era que estaban alí. Lola comezou a chamar polos seus avós xa que ela se adiantara, tiña un paso máis lixeiro. Ese día a gran sorpresa foi que un barco de grandes dimensións estaba a piques de afundirse. As persoas que ían nel afogarían. O seu avó chamou ó 112 polo teléfono e aínda que tardaron un anaco conseguiron rescatalos. O luns cando chegou o colexio contoullo os seus amigos e a súa profesora, e non llo creían.
Lola pasou o día sen a penas abrir a boca. Tiña que acadar o xeito de que os demáis souberan o que acontecía no miradoiro. Ese día non tivo gañas de ir e despois de rematar as tarefas meteuse na cama. Nun anaquiño quedouse durmida, pero durante toda a noite sufriu terribles pesadelos. Nos pesadelos aparecían os seu pais, a profe, os compañeiros e compañeiras… todos ríndose a gargalladas e mofándose dela.
Cando se levantou ó outro día, ocorreu algo fantástico, estaban os seus avós e os seus pais agardando dela, para dicirlle que non se preocupase, que o do barco pirata era verdade. Ese día pola maña moi cedo subiron o alto do monte e de súpeto víase claramente unha paisaxe fermosísima tal e como ela a imaxinaba. Propuxéronse ir todos xuntos ata alá e ao chegar a grande sorpresa foi que estaban todos os seus compañeiros esperándoa. Todo a xente que máis apreciaba esta con ela e podía ver o mesmo. Era tan real que parecía que todos formaban parte do reparto dunha película. Esa mesma noite nos seus soños imaxinaba que era a protagonista dun filme de piratas, e que nese intre estaba a ser secuestrada. Quen iría a rescatala? O seu ben querido avó? Manolo, que así se chamaba o seu avó foi mariñeiro, coñecía o mar como a palma da man. Lola estaba asustada, pero de súpeto alguén comezou a chamala. Lola, Lola! Esperta, hoxe é o día do teu cumpreanos, e como regalo imos a ir a praia. Non o podía crer, estaba tan contenta que comezou a preparar todo para cando chegase o momento. Antes de marchar cara a praia foi correndo a casa do seu avó, a contarlle a noticia. Pasarían a tarde nun dos lugares do seus soños, ese sitio tan anelado era o mar de Fisterra.
Cando chegaron a praia esperáballes unha festa na súa honra. Lola coa emoción púxose a chorar. Sentouse nunha rocha e comezou a mirar para o infinito, alá o lonxe podíanse ver unha manda de golfiños que non era a primeira vez que aparecían. A que lle recordaban os golfiños? Probablemente a algunha das historias que tiña lido. Sen pensalo dúas veces tirouse ó mar e nadou e nadou ata que chegou a unha zona que estaba deserta, pechou os ollos e espertou no seu cuarto. Premeu o botón do ordenador e buscou en internet información sobre a sequía dos mares. Nunha páxina falaban do cambio climático, que estaba a producir a sequía dos océanos.
Se o mar secaba os peixes morrerían. Contoullo a Manolo e propúxolle que chamaran o acuario da Coruña para que recolleran as especies que estaban a piques de desaparecer. A mañá seguinte chegaron uns barcos ó porto de Fisterra para levar os animais. Dende hai tempo uns barcos moi grandes chegan a nosa terra cheos de auga doutros océanos. Cada día sube o miradoiro para comprobar como o nivel do mar vai subindo. Un día estando na famosa Praia coñeceu a unha nena chamada Nuria que estaba a pasar as vacacións na costa da norte e estiveron xogando xuntas. Un día tivo que marchar para Madrid. A última tarde que estiveron xuntas na Praia. Lola quixo mostrarle o seu maior tesouro, un pequeño conto rodado escrito polos seus compañeiros. O conto rodado o fan moitas persoas ao mesmo tempo. Nuria díxolle: Eu quero ter un. Voulle dicir a miña mestra se o podemos facer. O que teño nas miñas mans é fantástico. Se algo tes que saber, é que non pode ser de calquera cousa. Pola noite podes vir a velo. Lola e Nuria quedaron no parque arredor das once da noite. Moitísimas estrelas brillaban no ceo, oscuro, oscurísimo… Cando Lola foi a abrir o conto pareceulle que a luz saía do conto, moitas mais estrelas sairon, unha delas era amárela! Era moi xoguetona e estivo a punto de chorar contra unha pequeña árbore.
E así foi, a estrela bateu contra a árbore e caeu. Entón sentiuse un ruido, Lola foi a ver de onde procedía o ruido, cando encontrou a estrela vermella Lola quedou coa boca aberta. A estela romperá! Desde entón, Lola cada tarde iba coa súa amiga a ver a Fisterra todos os animais mariños, ata que un día apareceu unha balea grande que viña cunha balea pequeña para refuxiala debaixo dun barco pesqueiro. Elas se quedaron asombradas e foron correndo a contarllo ao avó de Lola. O avó non o creía ata que lle dixeron que fora a velo, pero él non quería ir. Entón elas foron e sacaron unha foto as baleas. Marcharon a casa do avó e lla ensinaron, pero o avó non lle creían ata que saíron da casa co avó indo para Fisterra e alí estaban as baleas. O avó desvaneceuse na orilla de repente unha balea colleuno e levouno máis lonxe e alí, coa súa aleta mollouno, tocouno e o avó despertou.
Entón decatouse de que estaba coa balea, púxose moi nervioso e intentou nadar onda a orilla, intentouno, intentouno e o conseguiu, nadou e nadou ata que chegou a orilla. Lola axudouno, chegaron a casa, Lola chamou a súa avoa, que estaba na cama durmindo, para que lle fixera algo quente para o avó, pouco a pouco o avó colliu catarro e púxose enfermo, entón a avoa levouno ao hospital. Lola estaba moi triste porque o seu avó estaba enfermo, decidiu poñerse xunto a orilla do mar, porque o mar relaxáballe. Xa estaba cansa de mirar o mar e decidiu volver a casa dos avós. Xusto nese momento apareceron o avó e a avoa. Lola preguntoulle o avó como estaba, e o avó díxolle que estaba moi enfermo e que tiña que tomar moitos medicamentos. Cando volveu a súa casa acordouse do seu avó, pensou se estaría ben, viu unha foto e sentiu que estaba moi triste. Dende a primeira vez que decidira subir ao monte ata o momento pasaran moitas cousas, ningunha tan tráxica como a que estaba a acontecer nese momento. Seguía subindo ao miradoiro para xa non era capaz de imaxinar nada.
Por desgraza aquelas historias non eran nin a metade de boas que as do seu avó. Rogoulle aos seus pais que a deixaran visitar ao seu avó. Eles dixéronlle que si, e Lola marchou moi leda, pero sabía que non podía esperar boas novas. A fatal noticia foi que o seu avó morrera e que a súa avoa volvérase tola de sufrimento. En canto Lola soubo disto correu ata o miradoiro onde chorou a tarde enteira e un chisco da noite. Cando comezaron a aparecer as primeiras estrelas as lágrimas de Lola se secaron. Fíxose unha promesa: nunca esquecería o seu avó. Recordaríalle as seus fillos e os seus netos como o mellor mariñeiro contacontos da historia. Cando levantou a cabeza asistiu a un espectáculo impresionante, as súas lágrimas remataran de encher o mar de Fisterra que antes se secara. Por un intre volveu a praia dos seus soños, o mar estaba tan fermoso coma sempre. Aquela praia caracterizábase por ter unha chea de bolos, unhas pedras pulidas polo mar e polo vento. No lugar dos bolos atopou os tesouros máis fermosos que creou a humanidade durante todolos tempos: contos rodados. Contos que van de man en man, contos pulidos polos ollos e polas mans dos lectores máis variopintos. Os contos froito dos soños de todas aquelas persoas que subían o alto do monte e dende o miradoiro contemplaban os sucesos máis incribles.


Conto contos, contas contos, conta contos, contamos contos, contades contos, contan contos… contos contados, contos rodados.



sábado, 8 de mayo de 2010

17 MAIO - "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Está a piques de celebrarse o día das letras galegas e o noso curso leva xa unhas semanas dándolle voltas a testa para preparar un acto especial. Descubrimos que UXÍO NOVONEYRA "o poeta do courel" ademáis de escribir poemas facía uns gravados moi interesantes. Os gravados os facía en linóleo unha técnica de reproducción en serie. Elaboramos unha plancha de linóleo cunha imaxe de Uxío e fixemos unha exposición nas escaleiras do noso pavillón acompañando as imaxes con poemas.


O AGASALLO DE SOGAMA

Todos os mimos, malabaristas e saltimbanquis están moi agradecidos polo agasallo que recibiron de sogama logo de elaborar unhas propostas para mellorar o medio ambiente. GRAZAS

2 MAIO - "DÍA DA NAI"

Para festexar o día da nai na escola se elaboran unhas cartas moi especiais, ademais o noso curso quixo agasallar as súas nais cuns pendientes moi especiais feitos por eles mesmos.